Journal of
Contemporary
Galician Studies
Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies is a refereed electronic journal co-sponsored by the Centre for Galician Studies in Wales (Bangor University) and Cardiff University. The journal seeks to bring together multidisciplinary approaches to those themes of current and growing interest within the field of Galician Studies. It places special emphasis on discussion and debate centred upon the thematic concerns of this expanding discipline in order to foster connections with neighbouring frameworks and approaches (Iberian and modern language studies, comparative literature, critical theory, etc).
In addition to offering a new forum on a truly international plane of critical engagement, in which scholars may debate, question and critique existing paradigms of the field, this journal aims to expand and redefine the conceptual parameters of Galician Studies in the twenty-first century.
Galicia 21: Revista de Estudos Galegos Contemporáneos é unha revista académica especializada cofinanciada polo Centro de Estudos Galegos en Gales (Universidade de Bangor) e a Universidade de Cardiff. A revista, cuxos contidos son avaliados por un panel académico, pretende reunir propostas multidisciplinares xunto con aqueles temas de actual e crecente interese dentro do campo dos Estudos Galegos. A revista pon especial énfase nos debates sobre temas relacionados con esta disciplina en crecemento, e pretende fomentar as conexións con outros marcos e enfoques adxacentes (estudos ibéricos e linguas modernas, teoría literaria, literatura comparada, etc).
Ademais de ofrecer un novo foro a nivel internacional de debate crítico, no que as/os investigadoras/es poden cuestionar os paradigmas xa existentes no campo, este xornal ten como obxectivo expandir e redefinir os parámetros conceptuais dos Estudos Galegos do século vinteún.
ISSN 2040-7181